InicioPolíticaMarea de Vigo culpa ao Concello de "soterrar millóns de euros" no...

Marea de Vigo culpa ao Concello de “soterrar millóns de euros” no seu contrato con Ryanair

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal da Marea de Vigo mantén unha postura crítica coa política de subvencións e contratos coas aeroliñas, e vén precisamente de “facer fincapé na necesidade dunha organización entre as cidades galegas con aeroporto para garantir a optimización do uso aeroportuario de Galicia, uso que na actualidade só está xerando competencia entre os diferentes aeroportos”.

Marea de Vigo defende que antes de investir nas compañías aéreas desde a institución municipal, por ser este un “gasto impropio da administración local”, se debe levar a cabo esta coordinación entre as tres cidades na que se analicen todos os datos obxectivos sobre os usos, retornos económicos, ou mesmo as posibilidades de consolidacións dos voos.

Aeroporto de Peinador
Peinador viaxeiros na pasarela de entrada o avion/Miguel Nuñez

“A pesar deste investimento, segundo os datos oficiais de AENA, a maioría da pasaxe que viaxa desde Peinador non é nin da provincia de Pontevedra. Aínda así, isto tampouco é o motivo polo que o goberno de Abel Caballero xustifica o contrato con Ryanair, senón que o fai baixo o argumento da ‘promoción da cidade de Vigo’, xa que é a que lle permite a lei por non ser competencia municipal a política aeroportuaria” , destacan.

Marea de Vigo cuestiona a postura do PSOE vigués, por considerala “pouco coherente” con respecto a outras actuacións: “Estase discutindo sobre a ‘condición de vigués ou viguesa’ para usar un aparcadoiro dun hospital que ademais é dunha área que abrangue máis que o municipio de Vigo, mentres o mesmo goberno local está soterrando millóns de euros nunha empresa privada para que calquera persoa, con independencia da súa procedencia, se ‘beneficie’ duns supostos prezos máis asumibles á hora de adquirir un voo desde Peinador” matiza Xosé L. Jácome, concelleiro do grupo municipal da Marea de Vigo.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...