InicioSucesosDetidos un home e unha muller por subtraer un bolso dun camión...

Detidos un home e unha muller por subtraer un bolso dun camión e retirar 600 euros co cartón da vítima

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 41 anos de idade, M.A.D.S.F., e unha muller de 34 anos, M.J.T.M., como presuntos autores dun delito de furto e outro de estafa, por haber supostamente subtraído un bolso do interior dun camión e usar un cartón bancario do prexudicado para retirar 600 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 41 anos de idade, M.A.D.S.F., e unha muller de 34 anos, M.J.T.M., como presuntos autores dun delito de furto e outro de estafa, por haber supostamente subtraído un bolso do interior dun camión e usar un cartón bancario do prexudicado para retirar 600 euros.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da mañá do xoves, cando a vítima, camioneiro, estaba a realizar labores de descarga nun supermercado da Travesía de Vigo. O home deixara pechada a porta do vehículo, pero o portelo tiña unha físgoa aberta e, sobre o asento, tiña un bolso coas súas pertenzas, documentación, chaves e uns 50 euros.

Ao volver ao camión, a vítima decatouse de que lle faltaba o bolso e atribuíu o furto a un home e a unha muller que vira merodeando preto do vehículo, e dos que achegou descrición física. Unha dotación policial localizou unhas horas máis tarde a un home e unha muller nun coche estacionado na rúa Coutadas, cuxo aspecto coincidía coa descrición dos sospeitosos. Os axentes rexistraron o interior do coche e atoparon, baixo o asento do acompañante, o bolso que lle foi subtraído ao camioneiro, recuperando os efectos roubados.

Cando informaron á vítima, este confirmoulles que, desde que se levaron o seu bolso ata o momento, fóranlle retirados da súa conta bancaria 600 euros. Ademais, no interior do vehículo rexistrado, os policías tamén atoparon outros obxectos de dubidosa procedencia, como ferramentas, bolsos ou mochilas, así como unha machada de grandes dimensións.

Por todo iso, procedeuse á detención de ambos, polos supostos delitos de furto e estafa (ao retirar tal cantidade de diñeiro da conta do prexudicado). Tamén se tramitaron dilixencias por infracción da lei de seguridade cidadá, debido á posesión da machada, que lles foi intervida pola Policía.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...