InicioVigo e contornaMosUn menor entre os tres feridos nun accidente con tres coches implicados...

Un menor entre os tres feridos nun accidente con tres coches implicados en Mos

Foi necesaria a intervención dos bombeiros de Mos, xa que un dos ocupantes dos vehículos non estaba accesible e tivo que ser excarcerado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres persoas, unha delas un menor de idade, resultaron feridas nun accidente de circulación con tres vehículos implicados rexistrado na tarde noite do mércores no municipio pontevedrés de Mos.

Segundo trasladaron fontes dos servizos de emerxencias, o sinistro tivo lugar ás 19,50 horas na N-550 á altura do cruzamento das Regadas, onde dous coches chocaron e acabaron impactando contra un terceiro que estaba estacionado.

Os servizos sanitarios desprazados ao lugar atenderon a dous adultos, unha muller de 47 anos e a un home de 27 trasladados a centros hospitalarios, ademais da un menor de idade.

Ademais, foi necesaria a intervención dos bombeiros de Mos, xa que un dos ocupantes dos vehículos non estaba accesible e tivo que ser excarcerado.

Unha hora máis tarde, ao redor das 21,00, tivo lugar outro accidente de tráfico no termo municipal de Mos. Segundo a información facilitada polo CIAE 112 Galicia, produciuse na avenida de Puxeiros de Tameiga entre un coche e unha moto.

ÚLTIMAS

“O Concello aínda ten moitos deberes”: o PP esixe a Caballero os proxectos completos do Mundial 2030

A candidatura de Vigo para converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol de...

Salvan a vida dun estibador que sufriu unha parada cardíaca nun barco en Vigo: varias descargas dun desfibrilador lograron recuperar o seu pulso

Nunha parada cardíaca, os primeiros minutos poden marcar a diferenza entre a vida e...

Vigo cruza peticións de dimisión: o PP reclama cesar a Pardo e o PSOE apunta a tres conselleiros da Xunta

O futuro do transporte público de Vigo converteuse nun novo motivo de confrontación entre...

Alacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de subvencións do Concello de Vigo

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente de contratación para a...