InicioPolíticaO ex alcalde Manuel Pérez, proposto pola Xunta para presidir o CES

O ex alcalde Manuel Pérez, proposto pola Xunta para presidir o CES

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia propuxo ao que foi alcalde de Vigo e conselleiro de Traballo con Manuel Fraga Manuel Pérez Alvarez como novo presidente do Consello Económico e Social de Galicia (CES) tras a marcha de Agustín Herández.

Diso informou o Goberno galego nun comunicado, no que explica que, despois de trasladar esta proposta ás organizacións sindicais empresariais e ao resto de asociacións e entidades representadas no pleno do CES, o conselleiro de Facenda e Administacións Públicas, Miguel Corgos; e a conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, elevarán esta proposta conxunta para ocupar a presidencia deste organismo consultivo da Xunta en materia socioeconómica.

O nomeamento corresponderá ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, unha vez que se produza a comparecencia do candidato proposto ante o Parlamento galego, como establece a lexislación autonómica.

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e pertencente á súa etapa laboral ao corpo de inspectores de Traballo, Manuel Pérez Álvarez (decembro de 1946) foi conselleiro de Traballo e Asuntos Sociais do Goberno galego (1989-1995), alcalde de Vigo (1995-1999) e membro do Parlamento Europeo (1999-2004).

A Xunta lembrou que durante a súa etapa como conselleiro no Goberno de Manuel Fraga destaca a súa participación na posta en marcha da Renda de Inclusión Social (RISGA). Á fronte do Consello Económico e Social de Galicia, corresponderalle presidir este foro permanente de diálogo e deliberación entre a sociedade civil e a administración autonómica.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...