InicioEconomíaConvocan folga indefinida na auxiliar de automoción Borgwarner Emissions ante o bloqueo...

Convocan folga indefinida na auxiliar de automoción Borgwarner Emissions ante o bloqueo da negociación colectiva

Os representantes dos traballadores na mesa negociadora do convenio denunciaron, despois de 40 reunións, que as pretensións da empresa "buscan empeorar as condicións socioeconómicas" do persoal, e iso a pesar de que a planta de Vigo atravesa uns "momentos de bonanza" e de "gran carga de traballo", o que levou á empresa a abrir unha nova planta no Porriño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os representantes dos traballadores na mesa negociadora do convenio da empresa Borgwarner Emissions System Spain (auxiliar de automoción situada na parroquia viguesa de Zamáns) anunciaron a convocatoria de folga indefinida a partir do 9 de outubro ante o bloqueo nas negociacións.

Así se acordou na asemblea celebrada o pasado venres, como medida de presión para desbloquear esa negociación colectiva. Así mesmo, a parte social confirmou que haberá outros “actos reivindicativos” nos próximos días.

Segundo denunciaron, despois de 40 reunións, as pretensións da empresa “buscan empeorar as condicións socioeconómicas” do persoal, e iso a pesar de que a planta de Vigo atravesa uns “momentos de bonanza” e de “gran carga de traballo”, o que levou á empresa a abrir unha nova planta no Porriño.

Ademais, lembraron que hai unhas semanas Borgwarner informou da compra dunha parcela no parque empresarial de Porto do Muelle de Nigrán, para a construción dun novo centro de traballo “con subvencións públicas”.

Ante todas esas “boas noticias” e “bos resultados económicos e, sobre todo beneficios”, os traballadores “non poden entender que a dirección siga propondo perdas de poder adquisitivo na negociación do convenio colectivo”. Por iso, tras constatar “o pouco interese da dirección” para chegar a un acordo, avanzaron esta convocatoria de folga.

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...