InicioSucesosDenuncian que un acompañante atropelou a unha vixiante de seguridade no Hospital...

Denuncian que un acompañante atropelou a unha vixiante de seguridade no Hospital Cunqueiro

o condutor do vehículo "facendo caso omiso ás indicacións do persoal de seguridade para poder deixar a un paciente na zona de urxencias, en actitude chulesca e prepotente, alegando que el aparcaba onde lle saía dos ovos, investiu co seu vehículo á vixiante", explica o sindicato FeSMC-UGT Pontevedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

FeSMC-UGT Pontevedra denunciou que un acompañante dun paciente atropelou, na tarde do sábado, a unha vixiante de seguridade na zona de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Así, segundo se lle transmitiu ao sindicato, o condutor do vehículo “facendo caso omiso ás indicacións do persoal de seguridade para poder deixar a un paciente na zona de urxencias, en actitude chulesca e prepotente, alegando que el aparcaba onde lle saía dos ovos, investiu co seu vehículo á vixiante”.

A persoa de seguridade atopábase na zona de acceso de ambulancias do servizo de urxencias. O golpe do vehículo provocoulle lesións nunha perna, polo cal foi atendida polo persoal do servizo de urxencias e foi necesaria a presenza da Policía, xa que o condutor “negouse a identificarse ante o persoal de seguridade”. A Policía Local levantou un atestado e tramitou a correspondente denuncia na comisaría.

UGT advirte de que “as agresións ao persoal de seguridade están a ser unha constante no seu quefacer diario”. “Por desgraza, a administración co seu deixamento, é cómplice destas situacións sobrevindas que sofren o persoal de seguridade no desempeño das súas funcións”, avisa. Por iso, pide que se proporcione a “debida protección xurídica” aos vixiantes de seguridade, do mesmo xeito que se dá aos profesores ou ao persoal sanitario.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...