InicioSucesosRescatan en Nigrán a unha octoxenaria que estaba a recoller castañas nunha...

Rescatan en Nigrán a unha octoxenaria que estaba a recoller castañas nunha zona de maleza

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os servizos de emerxencia rescataron na madrugada deste xoves a unha octoxenaria que estaba a recoller castañas nunha zona de maleza do concello pontevedrés de Nigrán.

Tal como informou o 112 Galicia, foi sobre as 06,00 horas cando membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da localidade alertaron de que unha muller, que saíra a por castañas, podería estar en apertos.

Desde un primeiro momento, a persoa estaba localizada, pero a maleza da zona dificultaba o acceso á súa localización. Ata alí desprazáronse axentes da Policía Local, ademais dos operativos do GES, persoal de urxencias sanitarias e a Garda Civil. Tamén se deu aviso aos bombeiros de Baixo Miño e de Vigo, así como a Protección Civil.

Finalmente, a muller foi socorrida en bo estado de saúde, aínda que foi evacuada polos profesionais sanitarios a un centro hospitalario por precaución.

ÚLTIMAS

Caballero reta a Rueda a conseguir “do seu amigo” Luís Montenegro, primeiro ministro luso, o compromiso co AVE en 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en que o Goberno de España...

A Xunta defende o seu traballo na illa de San Simón logo das críticas do Concello de Pontevedra

A Xunta de Galicia reivindicou que "cumpre cos termos" da concesión demanial e do...

Un xulgado Social emite a primeira sentenza ditada en Vigo con uso do sistema de adaptación á lectura fácil

O Xulgado do Social número 2 de Vigo ditou unha sentenza pioneira na cidade ao utilizar...

O BNG de Vigo alerta que o goberno local non mantén “o mínimo de bombeiros” na cidade

O BNG de Vigo alertou este martes de que o goberno municipal que preside...