InicioVigo e contornaVigoO BNG de Vigo alerta que o goberno local non mantén "o...

O BNG de Vigo alerta que o goberno local non mantén “o mínimo de bombeiros” na cidade

"Temos que seguir insistindo en que Vigo sen bombeiros non é segura", subliñou o portavoz municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo alertou este martes de que o goberno municipal que preside Abel Caballero “segue sen garantir o mínimo de bombeiros” na cidade, e advertiu de que o programa de servizos voluntarios fóra da xornada aprobado en agosto pasado é un “parche insuficiente”.

Nun comunicado de prensa, o grupo municipal nacionalista subliñou que esa medida non resolveu a “falta estrutural” de persoal no servizo de bombeiros de Vigo e lembrou que o parque de Coruxo pecha de forma “intermitente”, e deixa “desprotexida” a metade da cidade, alongando os tempos de resposta en caso de emerxencias, ademais de comprometer a seguridade dos propios bombeiros.

O grupo municipal do BNG criticou que o goberno local segue sen responder os seus requirimentos sobre esta situación na Comisión Informativa de Seguridade, polo que anunciou que pedirá “todos os rexistros de xornada desde o 27 de agosto” para “comprobar o número real de efectivos no servizo de bombeiros” no último trimestre.

“Temos que seguir insistindo en que Vigo sen bombeiros non é segura”, subliñou o portavoz municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas, que reclamou “medidas estruturais e de fondo” para que o servizo de bombeiros teña o persoal necesario, e acorde cunha cidade de 110 quilómetros cadrados e case 300.000 habitantes.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...