InicioVigo e contornaVigoA UVigo implicarase na creación de varias comunidades enerxéticas no rural grazas...

A UVigo implicarase na creación de varias comunidades enerxéticas no rural grazas a un proxecto europeo

Segundo o investigador principal do proxecto, Xavier Simón, o reto do consorcio radica en axudar a transformar as relacións entre as autoridades locais e rexionais e as comunidades rurais para contribuír así á transición cara unha enerxía limpa en Europa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O proxecto europeo EC4Rural, coordinado pola Universidade de Vigo (UVigo), impulsará a creación de 34 comunidades enerxéticas no rural europeo, co obxectivo de fomentar a transición cara a enerxías limpas.

En concreto, a UVigo encárgase de coordinar un consorcio multidisciplinar do que forman parte a Universidade de Tartu, en Estonia; a Federación Galega de Municipios e Provincias; a Asociación de Cidades e Municipios de Estonia; a Axencia Rexional da Enerxía de Tartu; a cooperativa Sapiens Enerxía; a Unión Leader de Estonia; a Espazocoop, Unión de Cooperativas Galegas; a Fundación Juana de Veiga, e a Asociación Europea de Grupos Leader para o Desenvolvemento Rural, de Bélxica.

Cun orzamento de 1,6 millóns de euros, esta semana celébrase en Vigo a reunión inicial do proxecto, que pretende impulsar a creación de comunidades enerxéticas en municipios rurais, que se atopan nunha situación desfavorecida en Europa a pesar da súa riqueza en recursos.

Segundo o investigador principal do proxecto, Xavier Simón, o reto do consorcio radica en axudar a transformar as relacións entre as autoridades locais e rexionais e as comunidades rurais para contribuír así á transición cara unha enerxía limpa en Europa e garantindo que estas zonas rurais formen parte e benefíciense dos procesos de transición liderados por comunidades que producen electricidade mediante paneis fotovoltaicos.

Tal como recolle o Diario da Universidade de Vigo (DUVI), o proxecto comezará a través de dous pilotos en Estonia e España, que permitirán a creación e posta en funcionamento de 34 comunidades enerxéticas noutros tantos municipios rurais, 22 delas en Galicia. Isto implica actuar sobre 2.700 hectáreas e 94.000 habitantes.

En concreto, as localidades galegas elixidas son Avión, Becerreá, Entrimo, Mazaricos, Moeche, Monterroso, Muíños, Muras, Ordes, Ourol, Outes, Palas de Rei, A Pobra do Brollón, O Rosal, Salvaterra de Miño, Silleda, Sober, Tomiño, Tordoia, O Valadouro, Vedra e Vilasantar.

Estes pilotos porán a semente para a súa futura replica, non só nas rexións participantes, senón tamén a nivel europeo, grazas á difusión dos resultados a través de redes sociais e colaboradores externos“, subliñou Simón.

ÚLTIMAS

O Concello de Vigo impulsa a declaración da Reconquista como Festa de Interese Turístico Internacional

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns unha moción presentada polo PP...

O PSOE queda só en Vigo nun recoñecemento a Sánchez pola alta tensión que a oposición lamenta o “servilismo”

O goberno municipal de Vigo quedouse só este luns no Pleno no seu recoñecemento...

Vigo aproba a ordenanza que regula as vivendas turísticas co rexeitamento de toda a oposición

O Pleno do Concello de Vigo deu luz verde este luns á ordenanza de...

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...