InicioSucesosOs familiares da desaparecida no barco do CSIC critican o "silencio" do...

Os familiares da desaparecida no barco do CSIC critican o “silencio” do organismo e piden que se “depuren responsabilidades”

Critican o "silencio" do organismo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Familiares da galega desaparecida no barco do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) criticaron este martes o “silencio” do organismo e manifestaron o seu desexo de que se “depuren responsabilidades”.

Así o sinalou o portavoz da familia, o avogado Diego Leis, nun escrito remitido aos medios de comunicación, onde informou de que este martes a Garda Civil entregará as dilixencias do caso ao Xulgado de Denia. A familia espera que isto arroxe “luz” ao asunto, porque máis dunha semana despois da desaparición “nin se atopou á muller nin se sabe que sucedeu no barco, nin ninguén asumiu ningún tipo de responsabilidade”.

“É rechamante o silencio do CSIC, que non deu ningunha explicación sobre o sucedido, nin sobre os medios que puxo para protexer a María del Carmen”, engade Leis no documento. Por isto, a familia manifestou que vai seguir na vía xudicial “ata o final”, para conseguir saber que pasou no barco e para que se “depuren responsabilidades de quen tiñan que pór medios para evitalo”.

Todo iso despois de que a muller, camareira no barco, desaparecese do buque o pasado sábado 9 de setembro, polo que a principal hipótese apunta a que se tirou ao mar de forma voluntaria. Salvamento Marítimo recibiu sobre as 08,20 horas do domingo o aviso de que faltaba unha tripulante no buque oceanográfico García do Cid.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...