InicioSociedadePersoal do Cunqueiro rescata a unha paciente que escapou do hospital coa...

Persoal do Cunqueiro rescata a unha paciente que escapou do hospital coa intención de suicidarse

PUBLICADO O

- Advertisement -

Persoal do servizo de urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo rescataron a unha paciente que se escapou do centro e se dirixía á entrada da autovía con intención de quitarse a vida, segundo ela mesma manifestou.

Tal como informou a Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo do sindicato UGT, os feitos ocorreron na madrugada deste domingo, cando unha paciente “alterada e con claros síntomas de estar a sufrir un brote psicótico”, abandonou o servizo de urxencias descalza, co pixama do hospital e manifestando que se ía a tirar do viaduto da autovía, que se atopa a poucos metros do centro.

Nese momento, dous vixiantes e o responsable dos celadores de urxencias do hospital comezaron a perseguila e, a poucos metros de que accedese á vía, foron capaces de reducila, evitando a consumación das súas intencións e trasladándoa de novo ás instalacións, onde foi atendida.

“Actos como estes dignifican non só ao sector da seguridade privada, senón tamén a profesionalidade e humanidade dos que nel desenvolven a súa actividade profesional“, reivindicou UXT.

Por iso, o sindicato esixiu un plus de profesionalidade e coñecementos a aqueles empregados de seguridade que desenvolven a súa actividade nos hospitais, “en consonancia coas situacións que teñen que afrontar diariamente no desempeño das súas funcións”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...