InicioSucesosFerida unha muller na Avenida da Gran Vía tras caer unha árbore...

Ferida unha muller na Avenida da Gran Vía tras caer unha árbore sobre o vehículo que conducía

Unha muller resultou ferida en Vigo despois de caer unha árbore sobre o vehículo que conducía, á altura do número 108 da Avenida da Gran Vía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller resultou ferida en Vigo despois de caer unha árbore sobre o vehículo que conducía, á altura do número 108 da Avenida da Gran Vía. Segundo informa o 112, foi precisa a intervención dos Bombeiros de Vigo para evacuar á condutora, que quedou atrapada no interior do turismo.

Sucedeu sobre as 12.15 horas deste mediodía. Un particular contactaba co servizo para informar o suceso. Indicaba que unha árbore caera sobre un coche que ía circulando e que había unha muller ferida e atrapada no interior do vehículo. Con estes datos, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vigo, á Policía Local e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Unha vez liberada a condutora, os profesionais sanitarios confirmaron o traslado da muller ferida ao centro hospitalario de referencia.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...