InicioMedio Ambiente e PatrimonioUn estudo na costa de Bueu con participación do CSIC, premio Ig...

Un estudo na costa de Bueu con participación do CSIC, premio Ig Nobel de física

PUBLICADO O

- Advertisement -

Persoal do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través dos Centros Oceanográficos de Baleares e Vigo do Instituto Español de Oceanografía e do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM)), participou nun estudo sobre bioturbulencia na costa de Bueu, cuxos resultados se publicaron en Nature Geoscience en 2022, e que foi distinguido co premio Ig Nobel de física.

Así o informan os promotores, tras a cerimonia de entrega en relación a un estudo distinguido pola revista Annals of Improbable Research para recoñecer aquelas investigacións que “primeiro fan rir á xente e despois pensar”.

“Este traballo foi posible grazas á colaboración entre institucións e a un enfoque multidisciplinar que combina aproximacións metodolóxicas diversas nos campos da física e a bioloxía”, explican en relación a un traballo que buscou determinar “que axentes e procesos eran os causantes dos incrementosde turbulencia”.

Para isto, indican. fíxose uso da ecosonda acústica instalada no buque oceanográfico Ramón Margalef do Instituto Español de Oceanogrfía (IEO), que rexistrou ecos concorrentes cos incrementos de turbulencia atribuíbles a agregacións de pequenos peixes peláxicos e as mostraxes de plancto.

ÚLTIMAS

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...

O alto tribunal galego mantén a condena a un home por abusar dunha muller mentres durmía

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de apelación dun home condenado...

Localizan tres polisóns, dous menores, ocultos nun camión que ía embarcar cara ao Reino Unido

Axentes da Policía Nacional, da Garda Civil e da Policía Portuaria de Vigo localizaron...