InicioEconomíaReigosa destaca o "éxito" da UVigo por conseguir 1,1 millóns das axudas...

Reigosa destaca o “éxito” da UVigo por conseguir 1,1 millóns das axudas de Transportes á formación

Así, a Universidade organizará seis cursos, dous deles impartidos en Vigo e os outros catro no campus de Ourense. Estes centraranse en tecnoloxías de dixitalización aplicadas á loxística industrial, na innovación no modelo de negocio da nova mobilidade, na transformación áxil das organizacións, nas infraestruturas de datos aplicados ao sector do transporte, na dixitalización do sector e loxística e na comunicación dixital para a mobilidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, puxo en valor o “éxito moi destacable” da institución ao conseguir 1,1 millóns de euros das axudas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a formación en materia de dixitalización e sustentabilidade no ámbito do transporte e a mobilidade.

Tal como explicou Reigosa, repartíronse un total de 9,9 millóns de euros, dos cales a UVigo fíxose con case o 10 % dos fondos totais da convocatoria, sendo todo un “éxito”, segundo destacou en rolda de prensa. “Fomos capaces de competir nunha convocatoria de concorrencia aberta do Ministerio de Transportes a un programa no que se podían presentar todas as universidades, tanto públicas como privadas”, reivindicou o vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente, Alfonso Lago, segundo recolle o Diario da Universidade de Vigo (DUVI).

E mostrou o seu orgullo de que a UVigo fose unha das 16 universidades seleccionas, sendo a cuarta mellor valorada. Así, a Universidade organizará seis cursos, dous deles impartidos en Vigo e os outros catro no campus de Ourense. Estes centraranse en tecnoloxías de dixitalización aplicadas á loxística industrial, na innovación no modelo de negocio da nova mobilidade, na transformación áxil das organizacións, nas infraestruturas de datos aplicados ao sector do transporte, na dixitalización do sector e loxística e na comunicación dixital para a mobilidade.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...