InicioSociedadePovisa alega unha débeda de 42 millóns e non garante as nóminas,...

Povisa alega unha débeda de 42 millóns e non garante as nóminas, pese a que o seu grupo dá beneficios

PUBLICADO O

- Advertisement -

De súpeto, o hospital Povisa anuncia que entra en concurso de acredores e os seus 1.500 traballadores ven perigar a súa nómina e o seu posto de traballo no “Hospital privado máis grande de España”.

Pero para María José Neira (CIG), responsable de persoal, non foi ningunha sorpresa: “Sempre pensamos que ían facer algo, ou EREs ou despidos, porque é o que fan cada determinado tempo, tiñamos xa a sensación de que estaba por vir, despois do verán”.

Entenden o acontecido como unha medida de presión, empregando aos traballadores. Povisa alega non ter cartos para pagar as nóminas, “e os empregados quedamos no medio desta batalla entre SERGAS e Povisa na que nós non temos nada que ver”.

E todo isto pertencendo Povisa a un grupo empresarial que da beneficios, pero se acollen a preconcurso por unha suposta débeda de 42 millóns, da que culpan ao SERGAS e as condicións do concerto co sistema público de saúde.

Non é a primeira vez que ocorre algo semellante. O SERGAS xa tuvo que pagar gastos farmacéuticos de Povisa no pasado. Mentres, os traballadores non teñen garantías de cobrar o seu soldo, que leva 8 anos conxelado.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

O Celta de Vigo entrega á Deputación de Ourense material contra incendios recadado nunha xornada solidaria

O Real Club Celta de Vigo fixo entrega este domingo á Deputación de Ourense...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...