InicioSucesosInvestigan a aparición dun cadáver momificado nunha casa abandonada en Tui

Investigan a aparición dun cadáver momificado nunha casa abandonada en Tui

Polo momento, non se puido identificar á persoa falecida e, segundo apuntaron desde a Garda Civil, non constan denuncias de desaparecidos, nin por esa zona nin en Portugal, que se puidesen corresponder co finado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a aparición dun cadáver momificado, que foi atopado este domingo, colgado dun cable, nunha vivenda abandonada no municipio de Tui. Segundo informaron fontes da Comandancia de Pontevedra, o achado produciuse a última hora deste domingo, e foron uns nenos que estaban a xogar os que deron a alerta ao descubrir un corpo colgando no interior dunha casa abandonada.

O corpo, que pertence a un home sen identificar, atopábase momificado, e os investigadores estiman que a persoa levaba falecida varios meses. Polo momento, e aínda que o cadáver estaba colgado polo pescozo, non se descarta ningunha hipótese acerca das causas da morte, e será a autopsia a que axude a determinar se se produciu en circunstancias delituosas. Polo momento, non se puido identificar á persoa falecida e, segundo apuntaron desde a Garda Civil, non constan denuncias de desaparecidos, nin por esa zona nin en Portugal, que se puidesen corresponder co finado.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...