InicioCulturaA UVigo estrea este curso un programa de doutoramento específico en Nanociencia...

A UVigo estrea este curso un programa de doutoramento específico en Nanociencia e Biomedicina

O novo programa, coordinado por Juan Pablo Hervés, investigador do CINBIO, ofrece neste primeiro curso un total de 12 prazas, coas que os aspirantes poderán optar a liñas de investigación como as terapias avanzadas, sistemas e sensores para monitorización en medioambiente e saúde; nanomateriales funcionais; prevención de enfermidades, dispositivos e biomarcadores para a detección temperá; alimentación, nutrición e seguridade alimentaria; ou estratexias de sustentabilidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo estrea este curso un programa de doutoramento específico en Nanociencia e Biomedicina, vinculado ao seu centro de investigación CINBIO. Esta é a principal novidade na oferta de títulos de doutoramento da institución académica viguesa, que conta con 41 programas e máis de medio milleiro de prazas de novo ingreso: 335 no campus de Vigo, 103 no campus de Ourense e 77 no campus de Pontevedra. Toda a información da oferta está dispoñible no apartado de ‘Acceso doutoramento’ da web da Universidade: a preinscrición pode facerse ata o 8 de setembro, e o prazo de matrícula será do 1 ao 7 de outubro.

Os 41 programas de doutoramento están agrupados en diversas áreas de coñecemento: Ciencias, Ciencias da Saúde, Arte e Humanidades, Enxeñaría e Arquitectura, e Xurídico-Social. “Desde a creación en 2013 da Escola Internacional de Doutoramento da Universidade de Vigo, EIDO, destacou por ofrecer un modelo de formación flexible, interdisciplinar e de calidade, orientado a potenciar as liñas de investigación de maior interese e proxección da Universidade”, destacou o director deste centro, Antonio Collazo.

O novo programa de doutoramento en Nanociencia e Biomedicina, coordinado por Juan Pablo Hervés, investigador do CINBIO, ofrece neste primeiro curso un total de 12 prazas, coas que os aspirantes poderán optar a liñas de investigación como as terapias avanzadas, sistemas e sensores para monitorización en medioambiente e saúde; nanomateriales funcionais; prevención de enfermidades, dispositivos e biomarcadores para a detección temperá; alimentación, nutrición e seguridade alimentaria; ou estratexias de sustentabilidade.

Deste xeito, búscase dotar ao alumnado de ferramentas e metodoloxías xerais necesarias para desenvolver os seus traballos de investigación, buscando a integración de dúas áreas de traballo como nanomateriais e biomedicina; ademais de presentar unha visión multidisciplinar e colaborativa entre diferentes liñas e áreas de investigación. Ademais do propio CINBIO, tamén participan neste novo programa de doutoramento outros centros de investigación como o Iberian Nanotechnology Laboratory (INL) de Portugal ou o Centro de Investigación cooperativa en Biomateriales (CIC biomaGUNE) de San Sebastián.

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...

A Deputación de Ourense destina 150.000 euros ao proxecto piloto da UVigo vinculado á creación dun ‘hub termal’

A Deputación de Ourense aprobou na xunta de goberno a concesión dunha subvención de...

Ecoloxistas e veciños de Matamá denuncian afeccións á saúde por contaminación das naves de pintura de Stellantis

Representantes da Asociación Veciñal "A Unión" de Matamá, en Vigo, e de Ecoloxistas en...