InicioSucesosFerido un home en Tomiño ao manipular unha bomba de palenque

Ferido un home en Tomiño ao manipular unha bomba de palenque

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home resultou ferido este domingo en Tomiño cando manipulaba unha bomba de palenque ao caerlle algúns restos na cara. Segundo informou o 112, algunhas das persoas que o acompañaban foron os que o trasladaron ao ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo en medios de transporte privados.

O accidente produciuse cando manipulaba bombas de palenque no lugar de O Bouzón, en Tomiño. De feito, indicaron que, realmente, as lesións foron provocadas pola caída das canas, e non por unha detonación.

Desde o 112 Galicia, trasladouse esta información aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos membros do GES de Mos, Protección Civil de Tomiño, Policía Local e Garda Civil.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...