InicioCulturaA banda madrileña Los Punsetes únese ao Season Fest, que se celebra...

A banda madrileña Los Punsetes únese ao Season Fest, que se celebra do 21 ao 24 de agosto en Gondomar

O xoves 21 realizarase a apertura do festival cun concerto exclusivo de Pablo Novoa con convidados sorpresa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A banda madrileña de indie pop Los Punsetes únese ao Season Fest, que se celebrará na localidade pontevedresa de Gondomar entre o 21 e o 24 de setembro. Tal e como sinalou a organización, esta é unha das sorpresas que aínda quedan por desvelar e que irán completando a programación do festival que conta xa cun cartel formado por Iván Ferreiro, Xoel López, Triángulo de Amor Bizarro, a artista portuguesa Capicúa ou grupos emerxentes do panorama indie de dentro e fóra de Galicia como Margarita Crebada, Anabel Le, Xenia, Asinado, Carlota, Lusillón, Aeronave adolescente, Visions of Johanna, Sr. Jingles, Habitación Vudú, Tarde a todo e Señora DJ.

En canto á programación por días, o venres 22 será a quenda dos Punsetes, Sr. Jingles, Habitación Vudú, Visions of Johanna e Señora DJ; o sábado 23, Aeronave adolescente, Xenia, Margarita Crebada, Anabel Le, Triángulo de Amor Bizarro, Iván Ferreiro, Xoel López, Señora DJ e Diverxente DJ; e o domingo 24, Capicúa, Asinado Carlota, Lusillón, Tarde a todo e Diverxente DJ.

Todas as bandas repartiranse entre os escenarios Vibra Mahou e Fest Galicia. Ademais, a organización adianta que o xoves 21 realizarase a apertura do festival cun concerto exclusivo de Pablo Novoa con convidados sorpresa. O público que queira asistir ao Season Fest pode comprar xa o abono na súa web. Ademais, todas as persoas usuarias do Carné Xove poderán comprar as entradas ao Season Fest cun 15 % de desconto. Os menores de 14 anos terán acceso gratuíto.

ÚLTIMAS

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...