InicioSociedadeFalece no Hospital Álvaro Cunqueiro un bebé de poucos meses por unha...

Falece no Hospital Álvaro Cunqueiro un bebé de poucos meses por unha sepsis debido a unha meninxite

Tras ingresar uns días antes en estado grave non se puido facer nada para salvarlle a vida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un bebé de seis meses faleceu no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo este mércores por complicacións derivadas dunha meninxite, e tras ingresar uns días antes en estado grave.

A familia levou ao menor ao hospital o luns, onde ingresou por Urxencias “moi grave” cun cadro de meninxite. O bebé foi trasladado de inmediato á UCI do hospital vigués pero a súa situación empeorou.

Finalmente, sufriu unha sepsis fulminante e acabou falecendo, sen que o equipo médico puidese facer nada por salvarlle a vida. O bebé tiña postas todas as vacinas correspondentes á súa idade.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...