InicioSociedadeUn xulgado vigués ordena pechar un piso turístico por causar molestias á...

Un xulgado vigués ordena pechar un piso turístico por causar molestias á veciñanza

O xulgado dálle así a razón á comunidade de propietarios, que pedía o seu peche.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra desestimou o recurso interposto pola propietaria dunha vivenda de uso turístico en Vigo e deu a razón á comunidade de propietarios, que pedía o seu peche por causar molestias aos veciños.

Con iso, a Audiencia avalou a sentenza ditada no seu día polo xulgado de primeira instancia de Vigo, que ordenaba o cesamento desta actividade por considerala “molesta e prexudicial” polos veciños.

O tribunal considera acreditado que a comunidade de propietarios acordou en febreiro de 2016 a prohibición de aluguer de vivendas para uso turístico, algo que, en todo caso, a denunciada coñeceu en 2019, cando asistiu a unha reunión de veciños na que se informou de que ían interpor unha denuncia contra ela.

Ademais da prohibición incluída nos estatutos, o tribunal fai referencia ás “molestias” xeradas polo piso, con “paso de descoñecidos con entrega de chaves a zonas comúns e horas intempestivas, movementos de persoas e maletas, música a alto volume, cánticos, ruídos e outras perturbacións como un forte cheiro a marihuana que se coaba en ocasións polas caixas das persianas” aos pisos superiores.

ÚLTIMAS

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...