InicioSociedadeUn punto de vertedura de augas residuais ao río Lagares

Un punto de vertedura de augas residuais ao río Lagares

Nunha inspección observouse a existencia dun caudal que se emitía a través dun tubo de formigón cara ao curso fluvial, que xa foi eliminado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertedura de augas residuais cara ao río Lagares, no municipio de Vigo. Tal e como informaron nun comunicado, os técnicos do Programa de Control de Verteduras, dependente de Augas de Galicia, localizaron este punto de vertedura tras unha alerta comunicada polo Servizo de Emerxencias do 112.

Na inspección observouse a existencia dun caudal que se emitía a través dun tubo de formigón cara ao curso fluvial. Augas de Galicia puxo esta situación en coñecemento do Concello de Vigo para que levase a cabo as medidas oportunas para a emenda da vertedura irregular.

Nunha recente inspección á zona, os técnicos autonómicos constataron a realización das intervencións oportunas e a ausencia de caudal cara ao río Lagares, eliminando así a vertedura irregular ao dominio público hidráulico.

ÚLTIMAS

“O Concello aínda ten moitos deberes”: o PP esixe a Caballero os proxectos completos do Mundial 2030

A candidatura de Vigo para converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol de...

Salvan a vida dun estibador que sufriu unha parada cardíaca nun barco en Vigo: varias descargas dun desfibrilador lograron recuperar o seu pulso

Nunha parada cardíaca, os primeiros minutos poden marcar a diferenza entre a vida e...

Vigo cruza peticións de dimisión: o PP reclama cesar a Pardo e o PSOE apunta a tres conselleiros da Xunta

O futuro do transporte público de Vigo converteuse nun novo motivo de confrontación entre...

Alacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de subvencións do Concello de Vigo

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente de contratación para a...