InicioCulturaBad Gyal iniciará o XXIII Marisquiño, marcado este ano polos cambios de...

Bad Gyal iniciará o XXIII Marisquiño, marcado este ano polos cambios de localización

O Festival terá lugar ao longo da cidade con varias localizacións pero a que acollerá a maioría das probas será Samil debido á "comodidade que ofrece así como as vistas ao atardecer cas Illas Cíes de fondo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cantante catalá Bad Gyal actuará na noite deste xoves día 10 en Vigo nun concerto enmarcado no festival da cultura urbana O Marisquiño, que na súa XXIII edición trae como novidade un gran cambio de localización, xa que a maioría das probas deportivas levarán a cabo na contorna da praia de Samil.

O Festival O Marisquiño, que terá lugar ata o vindeiro domingo, día 13 de agosto, ultima xa preparativos para comezar este xoves no seu novo emprazamento, que permitirá un “salto cualitativo” do evento e contribuirá á promoción turística de Vigo.

Segundo sinalaron tanto o promotor de O Marisquiño, Carlos Domínguez ‘Pity’, como o seu director, Joako Ezpeleta, un dos factores que explica o cambio de localización de varias disciplinas a Samil é que os asistentes poidan ter unha maior comodidade á hora de ver os espectáculos. Ademais, a posibilidade de contar co atractivo da praia e dos atardeceres coas Cíes de fondo supoñen un novo incentivo para animar a turistas e deportistas a estar presentes no festival, segundo dixeron.

“O cambio de escenario a Samil supón un salto cualitativo e cuantitativo moi importante. Queremos chegar ao noso 25 aniversario, en 2025, nas mellores condicións, e contribuír coa paisaxe que ofrece Samil e as Illas Cíes a aumentar o atractivo turístico de Vigo para visitantes nacionais e internacionais”, engadiron.

Será este xoves cando dean inicio as probas e, á noite, o concerto de Bad Gyal congregará a miles de mozos en Castrelos, dando comezo a catro días cheos de deporte, música e en xeral cultura urbana na cidade de Vigo.

NOVOS ESCENARIOS

En concreto, o festival da cultura urbana traslada este ano cinco das disciplinas máis importantes (Skate, BMX, Dirt Jump, Flatland e Break Dance) á zona da praia, aínda que a actividade do evento esténdese a outros puntos como a Porta do Sol, onde se realizarán as batallas de galos, e As Avenidas, que albergaba a maior parte das probas do festival e nesta edición alí só disputarase o Basket 3×3.

Ademais, os talleres que se realizarán na xornada do xoves tamén se estenden por outras zonas de Vigo, como o skatepark de Navia. Pola súa banda, o Descenso Urbano, que nesta ocasión celebrarase o sábado, seguirá percorrendo boa parte da zona vella viguesa co seu traxecto desde O Castro ata o Berbés.

No apartado musical, os concertos tamén se desprazarán a Samil, nos xardíns de Dornas. Aínda que o concerto de apertura de Bad Gyal é en Castrelos. Entre os máis de 15 artistas convidados estarán Sticky M.A., Poño ou Munic HB, así como a viguesa Beauty Pikete ou Anita B Queen.

DEPORTISTAS INTERNACIONAIS

“Durante tres días, Vigo converterase na capital de deporte urbano internacional, co atractivo ademais de ver a deportistas de disciplinas que agora son olímpicas e a presenza de triunfadores nos Xogos de Tokyo como o venezolano Daniel Dhers, subcampión olímpico en BMX que é un habitual de O Marisquiño e mesmo estreou a súa medalla olímpica participando na edición de 2021 apenas uns días despois de obter o galardón en Tokyo”, reivindicaron os organizadores do festival.

ÚLTIMAS

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola...

Caballero impulsa accións legais pola exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030

O Concello de Vigo iniciou os trámites para estudar unha posible reclamación xurídica fronte...

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...