InicioCulturaAs entradas para o concerto de Ana Mena en Vigo saen á...

As entradas para o concerto de Ana Mena en Vigo saen á venda este mércores

PUBLICADO O

- Advertisement -

As entradas para o concerto de Ana Mena en Vigo sairán á venda este mércores, segundo anunciou o alcalde, Abel Caballero, nun audio difundido aos medios de comunicación. En concreto, estes pases, que se venden a 10 euros, permiten aos interesados acceder á platea do auditorio de Castrelos, mentres que todos aqueles que vexan o espectáculo nas bancadas poderán facelo de forma gratuíta.

Como vén sendo habitual, venderanse 2.500 entradas na quenda de mañá (09,30 horas) e outras tantas na quenda de tarde (16,30 horas). Delas, 1.250 ofreceranse de forma presencial en cada quenda no despacho de billetes do auditorio do Concello e a mesma cantidade na web.

Caballero puxo en valor á artista malagueña, que este ano está a percorrer España coa súa Bellodrama Tour. O rexedor destacou o nivel da artista, que colaborou con cantantes da talla de Belinda, Abraham Mateo ou Becky G e dispón de ata 44 discos de platino e catro de ouro. Ana Mena actuará o vindeiro martes, día 15 de agosto, en Castrelos, nun concerto enmarcado nas Festas de Vigo, que organiza o Concello.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...