InicioDeportesA Xunta somete a información pública o proxecto de interese autonómico da...

A Xunta somete a información pública o proxecto de interese autonómico da Factoría do Deporte do Celta de Vigo

As instalacións proxectadas contarán con tres agrupacións de infraestruturas diferentes: a Cidade Deportiva Afouteza, o Centro Integral para a Capacitación da Industria do Deporte e, por último, a área de servizos Espazo Area.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este venres o acordo da Secretaría Xeral para o Deporte da Vicepresidencia Primeira e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta polo que se somete a información pública o proxecto de interese autonómico da Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360 promovida polo Real Club Celta de Vigo.

A efectos previstos na normativa, este proxecto, que se situará no concello pontevedrés de Mos, someterase a información pública durante un mes, que comeza a contar desde este sábado. Segundo explica o DOG, para que calquera persoa interesada poida consultalo e, no seu caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que estime oportunas, o documento estará á súa disposición, en horario de atención ao público, nas oficinas da Secretaría Xeral para o Deporte e na web da Consellería de Presidencia.

As instalacións proxectadas contarán con tres agrupacións de infraestruturas diferentes: a Cidade Deportiva Afouteza, o Centro Integral para a Capacitación da Industria do Deporte e, por último, a área de servizos Espazo Area.

ÚLTIMAS

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...