InicioSucesosA outra cara da actuación das orquestras Panorama e Combo este martes:...

A outra cara da actuación das orquestras Panorama e Combo este martes: un home agarra do pescozo e golpea contra un enreixado á súa parella

Outro home foi detido na madrugada tras tratar de agredir a un axente despois dunha liorta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, J.L.C. de 36 anos de idade, foi detido na madrugada deste mércores en Vigo tras agarrar do pescozo á súa parella e golpeala contra un enreixado metálico de peche dun local comercial.

Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 02.00 horas na Avenida de Balaídos e os axentes tiveron constancia a través dunha chamada que aseguraba que un mozo estaba a agredir a unha moza no interior dun portal. Unha vez no lugar, os funcionarios interceptaron ao suposto agresor, que negou os feitos. Simultaneamente, outro axente falou coa vítima, que estaba acompañada por un grupo de testemuñas que trataban de tranquilizala.

Aínda que nun primeiro momento a muller tentou ocultar os feitos, despois asegurou que a súa parella a agarrou e golpeou contra o enreixado, indicando aos policías que ten moito medo ao seu noivo. Así mesmo, varias testemuñas indicaron que o home insultou e agarrou violentamente á moza durante a actuación de dúas orquestras, levada a cabo nas inmediacións do estadio. Por iso, o home foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

DETIDO POR AGRESIÓN A UN AXENTE

Minutos antes, sobre as 01.15 horas, outro home, J.F.A. de 42 anos de idade, foi detido a escasos metros do lugar, na Avenida de Fragoso, tras detectarse unha liorta dun grupo de persoas durante os concertos das orquestras.

No punto, un dos homes mostrou unha actitude “altamente agresiva e violenta” cos policías que se personaron no lugar, quenes insistiron en que cesase nesa actitude. Nun momento dado, o agora detido tentou agredir a un dos funcionarios, sendo reducido e detido como suposto autor dun delito de desobediencia, resistencia e atentado a axente da autoridade.

ÚLTIMAS

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...