InicioEconomíaStellantis Vigo volve parar parte da súa produción este venres pola falta...

Stellantis Vigo volve parar parte da súa produción este venres pola falta de pezas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis volverá parar parte da súa produción este venres, día 4 de agosto, debido á falta de certos compoñentes necesarios para a ensamblaxe dos seus vehículos.

Tal como informou a compañía aos traballadores, o Sistema 2 da fábrica de Balaídos, onde se montan as furgonetas das diferentes marcas do consorcio, permanecerá sen actividade nas tres quendas do venres.

“Por causas de forza maior, a consecuencia da falta de aprovisionamentos, suspéndese a actividade do Sistema 2 no tres quendas do venres 4 de agosto”, informou a empresa. Todo iso debido á falta de compoñentes, que obrigou a Stellantis Vigo a deter a súa actividade en reiteradas ocasións nos últimos anos.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...