InicioVigo e contornaVigoAs entradas para o concerto de Bad Gyal en Vigo saen á...

As entradas para o concerto de Bad Gyal en Vigo saen á venda este venres

PUBLICADO O

- Advertisement -

As entradas para o concerto de Bad Gyal no auditorio de Castrelos de Vigo sairán á venda este venres, día 4 de agosto, segundo informou o alcalde, Abel Caballero, nun audio difundido aos medios de comunicación.

En concreto, como vén sendo habitual, venderanse 2.500 entradas na quenda de mañá (09,30 horas) e outras tantas na quenda de tarde (16,30 horas). Delas, 1.250 ofreceranse de forma presencial en cada quenda no despacho de billetes do auditorio do Concello e a mesma cantidade na web.

Este ticket permiten acudir á platea do auditorio, mentres que gozar do concerto nas bancadas é totalmente gratuíto. Caballero puxo en valor a Bad Gyal como unha das artistas españolas máis recoñecidos a nivel internacional, ao contar con case 20 discos de platino e cinco discos de ouro. Ademais, segundo destacou o rexedor, na súa última xira cantou nos escenarios máis importantes de Europa, Estados Unidos e América Latina.

Doutra banda, Abel Caballero lembrou que este martes actuarán as orquestras Combo Dominicano e Panorama na chaira de Balaídos entre as 20,00 e as 00,00 horas, nun concerto tamén enmarcado nas Festas de Vigo, organizadas polo Concello.

ÚLTIMAS

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...