InicioSucesosUnha queima de cartóns e papeis nunha bañeira un incendio a 10...

Unha queima de cartóns e papeis nunha bañeira un incendio a 10 metros dun grupo de casas habitadas en Matamá

O suceso saldouse cun total de 500 metros cadrados de matogueira alta calcinados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha queima descontrolada provocou o pasado venres un incendio a 10 metros dun grupo de casas habitadas en Vigo, saldándose cun total de 500 metros cadrados de matogueira alta calcinados.

Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron na rúa Roupeiro, na parroquia de Matamá. Á chegada dos axentes os veciños trataban de sufocar as chamas, que foron axudados posteriormente polos bombeiros.

Nunha primeira inspección ocular, os funcionarios observaron que nunha zona próxima ao lume había unha bañeira vella con restos de queima no seu interior, parecendo o foco de inicio do lume.

Tras a investigación, localizouse a R.P.N., home de 60 anos de idade e veciño do lugar, que admitiu que queimara cartóns e papeis no interior da bañeira, ausentándose do lugar sen comprobar que o lume estivese apagado.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...