InicioSucesosTensión en Cangas por un home que levou a un neno a...

Tensión en Cangas por un home que levou a un neno a mercar un xeado

Os pais pensaran que o fillo fora secuestrado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo este pasado xoves a un home na localidade pontevedresa de Cangas despois de que levase a un neno dun parque tras falar cos seus pais nun bar próximo.

Tal como informaron fontes da investigación a Europa Press, foi o 112 Galicia o que deu aviso á Benemérita no instante en que os pais alertaron de que faltaba o neno. Por iso, os axentes comezaron a procura, atopando ao home a 400 metros do lugar co neno, en perfecto estado. Segundo explicou o propio menor, de 8 anos, foi co suposto secuestrador a comprar un xeado.

Posteriormente, o neno pedíralle sacarse unha foto no fotomatón, polo que así o fixeron. En ningún momento o mozo manifestou sentirse secuestrado ou que o home o estaba levando a algún lado sen o seu consentimento.

As mesmas fontes da investigación explicaron que o home coñecera aos pais dos neno minutos antes nun bar próximo ao parque e serían os proxenitores os que lle deixaron leva ao neno a comprar un xeado. Con todo, ao ausentarse moito tempo, denunciaron o suceso. Así mesmo, os axentes non descartan que o detido teña diminuídas as súas capacidades mentais.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...