InicioCulturaO concerto de Beret en Castrelos atrásase dúas semanas: ata o martes...

O concerto de Beret en Castrelos atrásase dúas semanas: ata o martes 22 de agosto

Así o avisou este xoves o alcalde, Abel Caballero, a pesar de que estaba previsto que se celebrase a semana que vén, o sábado día 5.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo atrasou o concerto de Beret no auditorio de Castrelos ata o martes 22 de agosto, a pesar de que estaba previsto que se celebrase a semana que vén, o sábado día 5.

Nun audio difundido aos medios de comunicación, o alcalde, Abel Caballero, informou deste cambio de data, a unha semana do evento.

“Iámolo a facer estes días, pero ímolo a trasladar ao martes 22 de agosto. Estaba previsto para o sábado día 5, pero mellor ímolo a facer o martes 22 de agosto”, dixo Caballero, sen dar máis explicacións do asunto.

O rexedor aproveitou para anunciar tamén a contratación da orquesta Panorama e o Combo Dominicano, que actuarán a partir das 20.00 horas en Balaídos o vindeiro martes, día 1 de agosto.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...