InicioSociedadeA programación do Festival Iacobus Maris de Vigo contará concertos, casetas de...

A programación do Festival Iacobus Maris de Vigo contará concertos, casetas de comida e actividades para nenos e adultos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presentaron este venres o festival Iacobus Maris Experience, que se celebrará na cidade olívica entre o 28 e o 30 de xullo e que contará con concertos, casetas de comida e bebida ou actividades para nenos e maiores.

Nun acto celebrado no peirao de Portocultura, no que tamén estiveron presentes o director da Fundación Traslatio, Celso González, e o presidente da Autoridade Portuaria, Carlos Botana, os representantes autonómicos mostraron o apoio do Goberno galego a esta nova edición do evento, que se celebrará no peirao de Transatlánticos.

Organizado pola Fundación Traslatio co patrocinio da Xunta, este festival contará con numerosas actividades e talleres, ademais dun espazo gastronómico de cociña do mar e música en directo para todos os públicos.

Ortiz explicou que serán tres días cheos de actividades para nenos e maiores, con xogos infantís, casetas de comida e bebida, concertos na noite do venres e do sábado e visitas guiadas á goleta ‘Atyla’ e ao buque ‘Hidria II’.

“Eventos como esta ruta marítima contribúen de forma decisiva e sen dúbida a potenciar Vigo no lugar que se merece, reivindicando o seu papel central no Camiño de Santiago”, subliñou a delegada da Xunta na cidade.

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...

Interceptado en Moaña tras extraer ilegalmente máis de 25 quilos de centola e nécora

A Garda Civil interceptou nunha praia de Moaña (Pontevedra) un home de 32 anos,...