InicioDeportesA Xunta alonxa ao Celta de Vigo e declara de interese autonómico...

A Xunta alonxa ao Celta de Vigo e declara de interese autonómico o proxecto en Mos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que a Factoría do deporte galego-Galicia Sports 360 que o Real Club Celta de Vigo (RC Celta) impulsa no concello de Mos xa dispón da súa aprobación inicial como proxecto de interese autonómico. A tramitación continuará ata concluír coa súa aprobación definitiva “dentro duns poucos meses”.

Os proxectos de interese autonómico están regulados na lei de ordenación do territorio e o efecto principal desta declaración é que a planificación e execución das actuacións “transcenden o ámbito municipal e, por tanto, teñen unha tramitación singular que, en moitos casos, non fai necesarias as autorizacións municipais”.

Esta figura pódese aplicar a iniciativas que superan o ámbito local, ben pola súa incidencia territorial, económica, social, ou cultural; pola súa magnitude; ou polas súas características singulares, e que non teñen previsión nin acomodo no plan urbanístico. Neste sentido, o presidente salientou que a Factoría do deporte galego-Galicia Sports 360, do RC Celta, é un proxecto “relevante”, que contará con tres agrupacións de infraestruturas: a Cidade Deportiva Afouteza, o Centro Integral para a Capacitación da Industria do Deporte e, por último, a área de Servizos-Espazo Area.

Deste xeito, tanto polo ámbito estritamente deportivo-competitivo como pola súa vertente económica e de desenvolvemento, a Xunta entende que este proxecto “transcende o ámbito municipal e defende a idea do deporte como unha actividade de interese público que incide no crecemento e cohesión social, na igualdade de xénero, en mellorar o benestar da cidadanía”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...

O TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha traballadora á conciliación

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...