InicioEconomíaOs cruceiros Disney Dream e Ventura enchen Vigo con 10.000 turistas

Os cruceiros Disney Dream e Ventura enchen Vigo con 10.000 turistas

O Porto de Vigo recibiu este mércores a case 10.000 turistas nunha dobre escala de cruceiros, protagonizada pola visita inaugural do Disney Dream, que compartiu peirao co xa habitual Ventura.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo recibiu este mércores a case 10.000 turistas nunha dobre escala de cruceiros, protagonizada pola visita inaugural do Disney Dream, que compartiu peirao co xa habitual Ventura.

Tal como informou a Autoridade Portuaria nun comunicado, o seu presidente, Carlos Botana,visitou o novo buque e deu a benvida ao seu capitán, co que participou no tradicional intercambio de metopas a bordo.

O Disney Dream é o terceiro barco da frota Disney. Foi inaugurado en xaneiro de 2011 e ten 340 metros de eslora, con capacidade para acoller a 4.000 pasaxeiros en 16 cubertas. Procedente de Lisboa, chegou a Vigo minutos antes das 08,00 horas deste mércores e partirá pasadas as 16,00 horas cara a Lle Havre (Francia), con case 3.700 pasaxeiros e 1.500 tripulantes.

Pola súa banda, o seu compañeiro de peirao, o Ventura, chegou antes das 07,00 horas desde Santander e quedará tamén ata as 16,00 horas, cando sairá con destino Lisboa. Nel viaxan case 3.400 persoas, na súa maioría británicos, e 1.189 tripulantes.

ÚLTIMAS

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola...

Caballero impulsa accións legais pola exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030

O Concello de Vigo iniciou os trámites para estudar unha posible reclamación xurídica fronte...

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...