InicioMedio Ambiente e PatrimonioRecuperadas máis de 1.600 ferramentas líticas do xacemento paleolítico das Gándaras de...

Recuperadas máis de 1.600 ferramentas líticas do xacemento paleolítico das Gándaras de Budiño, no Porriño

É o máis importante e antigo de Galicia

PUBLICADO O

- Advertisement -

O equipo de investigadores liderado polos arqueólogos Eduardo Méndez-Quintas e Manuel Santonja, da Universidade de Vigo e do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH), retomaron estes días os traballos de investigación do xacemento das Gándaras de Budiño, no Porriño, o máis importante e antigo de Galicia e no que xa se atoparon máis de 1.600 ferramentas líticas.

Trátase da terceira intervención na zona, e a primeira desde que se determinou que os niveis máis antigos do xacemento datan de máis de 310.000 anos, o que confirmou que no Porriño viviron os primeiros habitantes de Galicia.

Os traballos, que contan co apoio económico do Concello do Porriño, consistiron na última campaña nunha escavación dunha área de 30 metros cadrados complementaria á fase de sondaxes arqueolóxicas de 2018 que deu valiosa información sobre as condicións de formación dos depósitos xeolóxicos e, sobre todo, das densas acumulacións de ferramentas líticas que se atopan no lugar.

Naquel momento determinouse erroneamente que o xacemento tiña unha antigüidade duns 26.000 anos, algo que levou a concluír que no noroeste da Península Ibérica existía un paleolítico anacrónico e tardío respecto do que acontecía no resto do suroeste europeo e consolidaba a equivocada idea do atraso secular de Galicia.

Nesta pequena superficie recuperáronse xa 1.623 artefactos líticos, entre os que destacan abundantes exemplos de bifaces e outras pezas características do tipo achelense.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado polo concelleiro Marcos Martínez, visitou este martes o xacemento para interesarse polo desenvolvemento dos traballos e incidiu no “valor cultural e patrimonial que estes teñen para O Porriño”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- O Porto de Vigo: Motor do Crecemento e Desenvolvemento da Cidade

O porto de Vigo foi, sen dúbida, o principal responsable do crecemento e desenvolvemento...

O primeiro premio da Lotaría Nacional, dotado con 600.000 euros, cae no Porriño

O primeiro premio do sorteo da Lotaría Nacional celebrado este sábado, 19 de abril,...

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar que rexentaba en Vigo

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar...

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...