InicioSucesosDetidos dous homes aos que interviñeron cinco quilos de cocaína nun hotel...

Detidos dous homes aos que interviñeron cinco quilos de cocaína nun hotel de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a dous homes aos que interviñeron cinco quilos de cocaína, sustancias de corte e utensilios para elaborar a sustancia estupefaciente nun hotel de Vigo.

A investigación dirixiuse a un céntrico hotel da cidade olívica, onde os inquilinos dun dos apartamentos poderían ocultar “unha gran cantidade de sustancia estupefaciente e útiles para a preparación”, no que a Policía denominou “laboratorio da droga.

Así, o grupo da Udyco da Comisaria de Vigo solicitou toda a información no lugar, con responsable e persoal do hotel, corroborando os feitos, e solicitando ao xulgado de garda a entrada e rexistro no apartamento.

Alí procedeuse á detención de dúas persoas, inquilinos do apartamento, por tráfico de drogas e interviñéronse cinco quilos de cocaína, botellas de acetona, auga destilada e distintos útiles susceptibles de ser utilizados para a elaboración e venda de sustancia estupefaciente. A investigación continúa aberta para poder determinar a implicación de máis persoas, a orixe ou procedencia da sustancia estupefaciente e os posible puntos de venda.

ÚLTIMAS

Un atuneiro dunha empresa viguesa, implicado nun naufraxio cun desaparecido nas Galápagos

O atuneiro 'Ría de Aldán', comprado o ano pasado pola viguesa Wofco, viuse implicado nun accidente...

Restablecen a circulación na ponte de Rande logo dun accidente múltiple que provocou retencións

A circulación na ponte de Rande quedou restablecida despois de algo máis dunha hora...

O AVE Vigo – Porto tardará 50 minutos, pero non se sabe cando estará operativo

Portugal prevé que a conexión en tren de Vigo ao Porto sexa de 50 minutos...

A Xunta intervirá Ambulancias del Atlántico con tres técnicos de Tragsa e xestionará a entrega de nóminas

Os sindicatos CIG, CC.OO. e USO informaron, nun comunicado conxunto, do achegamento de posturas...