InicioEconomíaA Xunta intervirá Ambulancias del Atlántico con tres técnicos de Tragsa e...

A Xunta intervirá Ambulancias del Atlántico con tres técnicos de Tragsa e xestionará a entrega de nóminas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os sindicatos CIG, CC.OO. e USO informaron, nun comunicado conxunto, do achegamento de posturas con Sanidade na reunión mantida este xoves para seguir abordando a situación do transporte sanitario urxente e programado en Vigo, Moaña e Cangas, e explicaron que a Xunta aceptou formalizar a intervención de Ambulancias del Atlántico (concesionaria do servizo) co nomeamento de tres técnicos para encargarse da dirección da empresa, e superar así o mero papel de “supervisor”.

Deste xeito, explicaron que se incorporarán tres técnicos de Tragsa a partir da próxima semana e iso permitirá que se xestione a entrega de nóminas atrasadas do 2023, e poder refacer as nóminas de 2024.

Igualmente, os sindicatos aseguraron que Sanidade “acepta intervir novamente no abono de todas as nóminas de maio”, para garantir o pago, do mesmo xeito que se fixo coas do mes de abril. Ademais, sinalaron que a administración acepta executar os avais depositados por Ambulancias do Atlántico para facilitar o cobro dos atrasos que se lles deben aos traballadores.

Doutra banda, a Consellería trasladoulles que “hai máis dunha empresa” interesada no contrato de emerxencia do servizo de transporte sanitario urxente, e que este será adxudicado antes do mércores próximo. Respecto diso, prevén unha nova reunión a semana que vén coa nova adxudicataria para abordar, entre outras cuestións, a subrogación do persoal, as condicións de traballo, necesidades de vehículos, situación dos centros de traballo ou uniformidades.

Con respecto ao transporte sanitario programado, que saíu a licitación por case 13,5 millóns de euros, os sindicatos obtiveron o compromiso da administración de que, se a 31 de maio non se presentou ningunha empresa, convocarase un contrato de emerxencia.

Outro dos acordos trasladados por CIG, CC.OO. e USO foi o de crear unha mesa autonómica para o seguimento dos contratos públicos do transporte sanitario, con presenza de sindicatos, representantes da patronal e administración.

ÚLTIMAS

Investigadas 10 persoas por un delito de falsidade documental en Pontevedra

A Garda Civil investiga a un total de 10 persoas como presuntos autores dun...

Arden cinco gabarras na zona industrial de Saxamonde en Redondela

Por fortuna, aínda que o lume estivo preto dunha nave industrial, esta non se...

Transportes prepara a licitación do tramo de AVE O Porriño-Tui e declara “prioritaria” a saída Sur de Vigo

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable avanzou que está "a traballar na preparación...

A UVigo presenta o seu proxecto de metaverso para os seus tres campus

A Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra acolleu este martes a presentación do...