InicioPolítica23X-Regades pide a continuidade do PSOE no Goberno para que non haxa...

23X-Regades pide a continuidade do PSOE no Goberno para que non haxa un retroceso nas infraestruturas en Vigo

"Non podemos retroceder, porque xa rompemos o cinto de ferro que paralizaba a saída ferroviaria a Portugal" dixo o candidato do PSOE ao Congreso pola provincia de Pontevedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O candidato do PSOE ao Congreso pola provincia de Pontevedra, David Regades, trasladou este martes a súa confianza en que os socialistas seguirán gobernando en España e que “Vigo fará valer o seu peso político” para poder seguir tramitando e executar grandes infraestruturas pendentes.

Así o trasladou na súa intervención nun xantar coloquio organizado polo Círculo de Empresarios en Vigo, onde vinculou ese “peso político” ao respaldo electoral obtido polo alcalde, Abel Caballero.

O candidato pediu o voto para o PSOE para que a cidade, a provincia e Galicia sigan “pesando” en Madrid. “Estamos nun momento clave, e non podemos retroceder, porque xa rompemos o cinto de ferro que paralizaba a saída ferroviaria a Portugal, a variante de Cerdedo para que AVE chegue a Vigo, a autovía en túnel ao Porriño baixo a A-55 e a estación de Thom Mayne, que este Goberno xa converteu en realidade”, proclamou nun acto no que tamén estiveron presentes a candidata ao Senado, Carmela Silva, e o rexedor olívico, Abel Caballero, entre outros.

Regades incidiu en que, tras desbloquear esas grandes infraestruturas, a próxima lexislatura será o momento de “licitalas e executalas”.

Por outra banda, reivindicou o “compromiso” do partido con Vigo, con dous vigueses encabezando as listas pola provincia de Pontevedra, e sinalou que se trata da candidatura “que máis se parece a Vigo e tamén a que máis se parece ao empresariado da cidade”.

Regades prometeu que os deputados e senadores socialistas traballarán “día e noite” para “xerar economía e emprego”, e para reivindicar infraestruturas que “acumulan décadas de atraso”.

Na súa intervención, o candidato tamén se referiu a a reunión informal do Consello Europeo de Pesca que se celebrará en Vigo a próxima semana, e que o PP “tratou de trasladar a Bruxelas”; á “marca histórica” de emprego alcanzado na cidade; e ao “claro protagonismo” de Vigo nos PERTE aprobados polo Executivo central para automoción, semiconductores, naval ou aeroespacial.

Na presentación do candidato, Carmela Silva definiu a Regades como unha persoa “fiable” e destacou que “ningún outro candidato vai facer un traballo de defensa da cidade como el”. “Somos moi conscientes da importancia de Vigo na provincia e en Galicia, unha importancia que outros nunca tiveron clara”, sentenciou.

ÚLTIMAS

“A dedo” e sen expediente: Fiscalía pide 11 anos e medio de inhabilitación para o exconcelleiro socialista de Baiona

A Fiscalía pide 11 anos e medio de inhabilitación para o exconcelleiro socialista de...

Atopadas as primeiras ouriceiras fóseis de Galicia nunha praia de Vigo

O xeólogo Óscar Pazos acaba de informar do descubrimento das primeiras ouriceiras fóseis (icnofóseis...

Luz verde de Mos a unha nova licenza urbanística para continuar o desenvolvemento da cidade deportiva do Celta

A xunta de goberno local de Mos aprobou este venres unha nova licenza urbanística...

O BNG de Vigo pide revisar o plan de mobilidade da cidade para reducir os niveis de ruído e contaminación

O BNG de Vigo pediu este venres unha revisión do plan de mobilidade urbana...