InicioSucesosLocalizado o cadáver dunha muller nunha leira de Vigo

Localizado o cadáver dunha muller nunha leira de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cadáver dunha muller foi localizado este luns nunha leira dunha zona rural de Vigo, segundo confirmaron fontes policiais, que explicaron que, ata a zona, se han desprazados efectivos de Policía Científica, e activouse o protocolo de aviso á comisión xudicial.

O corpo da muller, que se atopaba boca abaixo, foi atopado por un veciño que estaba a realizar tarefas de roza nas proximidades da rúa Falcoido, nunha zona de difícil acceso na parroquia de Beade (preto da Avenida Clara Campoamor).

Segundo informaron fontes policiais, a comisión xudicial xa procedeu ao levantamento do cadáver e os forenses non apreciaron, a primeira ollada, signos de violencia. No lugar do achado recolleuse vestixios e tamén se tomaron pegadas do corpo, mentres que está prevista para este martes a realización da autopsia. Todo apunta a que a muller, que aínda non foi identificada e cuxa idade se estima entre 40 e 50 anos, levaba varios días falecida cando foi localizada.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...