InicioEconomíaPiden investigar os beneficios de Vitrasa, mentres que na Coruña baixa o...

Piden investigar os beneficios de Vitrasa, mentres que na Coruña baixa o prezo do autobús urbano

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cidade herculina acaba de facer efectiva unha rebaixa nos billetes de transporte público, un 8% no billete ordinario, quedando este en 1.20 euros, e un 30% o billete social (0,23 euros fronte aos 0,69 de Vigo).

En Vigo, para este 2018, Vitrasa considerou unha suba de 3 céntimos (finalmente aceptada polo Concello de 2 céntimos) para facer fronte aos custos do novo convenio colectivo e sobre os incrementos salariais por categoría, “mais, segundo o que que vén de denunciar o comité de empresa, as condicións laborais se precarizan sen vergoña ningunha e o diñeiro público obtido non repercutiu en todos os aspectos laborais utilizados pola empresa como escusa”, denuncian desde Marea de Vigo.

Esixen empezar a falar xa do fin da concesión de Vitrasa en 2019. Marea de Vigo tamén quere lembrar que están sen facer as auditorías anuais que esixe obrigatoriamente o prego (artigo 62), e precisamente son estas as que, en concellos como o de A Coruña, xeraron a rebaixa do billete anunciada no día de onte, domingo 23 de setembro.

“A intensa fiscalización, na que se comprobou que o beneficio para a empresa concesionaria era excesivo incluso baixo á a normativa europea, fixo posible esta rebaixa, sería bo fiscalizar a VITRASA para tamén poder saber en Vigo se a empresa está lucrándose inxustamente cos cartos da veciñanza viguesa, directa e indirectamente” conclúe Rubén Pérez.

ÚLTIMAS

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...