InicioSociedadeA xustiza desestima a demanda dunha veciña contra o Concello de Vigo...

A xustiza desestima a demanda dunha veciña contra o Concello de Vigo polo ruído dos festexos do Nadal

A demandante non puido acreditar unha exposición prolongada no tempo a eses ruídos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado do Contencioso Administrativo 1 de Vigo ditou sentenza na que desestima unha demanda interposta por unha veciña da cidade contra o Concello olívico, polos prexuízos que lle causaron os ruídos derivados do mercadillo do Nadal e as atraccións instaladas na contorna da rúa Areal, entre novembro de 2022 e xaneiro de 2023.

No seu recurso, a demandante acusaba o Concello de vulnerar os seus dereitos fundamentais e non actuar fronte a unha reclamación para garantir eses dereitos (á intimidade e á inviolabilidade do domicilio).

A xuíza sinala na súa resolución que o servizo municipal de Comercio contratou a unha empresa para facer medicións de ruídos, e que adoptou medidas para evitar que se excedesen os límites acústicos. Así, suprimiuse a megafonía en certos horarios, reduciuse o volume da música, trasladáronse as atraccións máis ruidosas a outras zonas con menos vivendas, etc.

Por tanto, conclúe, o Concello si tivo “unha actuación dilixente” e, por outra banda, a demandante non puido acreditar unha exposición prolongada no tempo a eses ruídos. Tras dar a coñecer esta sentenza, o alcalde de Vigo sinalou que o Concello seguirá traballando “para eliminar os efectos non desexados” das celebracións do Nadal.

Así mesmo, e á marxe da demanda desta veciña, subliñou que “houbo un interese fortísimo do PP, de Rueda e da candidata á Alcaldía para parar o Nadal”. “Houbo un intento de danar a cidade, porque non soportan que tivese 6 millóns de visitantes diarios, multiplicando a afluencia do Xacobeo, no que investiron millóns de euros”, concluíu.

ÚLTIMAS

O Porriño fai pleno no Sorteo de ‘El Niño’: vendeu o primeiro e o segundo premio

O número 45875 foi o agraciado co segundo premio, dotado con 750.000 euros por...

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

O BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a retirada de axudas sociais do Concello

O grupo municipal do BNG en Vigo censurou este luns o recorte nas axudas...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...