InicioCulturaVigo rememora o mellor impresionismo galego da man de Leopoldo Varela

Vigo rememora o mellor impresionismo galego da man de Leopoldo Varela

PUBLICADO O

- Advertisement -

Luz, cor e paisaxe. A Casa das Artes de Vigo expón ata o 28 de outubre, totalmente de balde, unha retrospectiva que recorda a obra de Leopoldo Varela, un dos grandes pintores da nosa terra, puro impresionismo galego.

A súa vocación pola pintura levoulle a recibir clases do pintor catalán Marcet entre 1948 e 1952. Comeza a expoñer en 1956, e as súas mostras percorren toda Galicia, inicialmente, e despois boa parte de España.

Participou na Bienal de Pontevedra de 1972, na que obtivo medalla de prata. Nestes certames pontevedreses estivo presente a súa obra nas posteriores edicións, así como na Trienal de Compostela de 1974 e na de Artistas Galegos, en Madrid, en 1976.

Exposición de Leopoldo Varela/ Miguel Núñez

Animado polo éxito das súas exposicións, cruzou o Atlántico e expuso en Caracas varios anos consecutivos. Está representado nos Museos Provinciais de Galicia. Fundamentalmente paisaxista, a súa sensibilidade se adscribe a un impresionismo moi delicado, que se apoia nun excelente debuxo.

Un home que no momento máis dulce da “Movida”, preso dunha fortísima sensibilidade como a súa, caeu en depresión. Esa mesma hipersensibilidade que reflectiu sempre na súa obra, cada vez máis preto do expresionismo e a abstracción, “perdendo as formas” a prol da súa pescuda persoal da luz e a cor.

Gusta dos ambientes rurais, dos bosques, das arboradas de tons acesos e dos recunchos mariños de Galicia. Tamén pintou moito por Aragón, cunha paleta rica en matices. Unha virtude de Varela, excelente acuarelista, é a captación de atmosferas, sobre todo cando a natureza está anegada por unha leve bruma que envolve as referencias formais.

A súa mancha é ampla, directa, moi efectiva. O tempo invitoulle a simplificar os temas, de maneira que a súa obra é cada vez máis pintura, máis paixón pola harmonización cromática, para que as referencias formais sexan mera desculpa.

Co seu trazo indefinido, este vigués deixou definida a esencia da súa cidade, fuxindo sempre das líneas rectas. Á inauguración desta nova mostra, acudiron personalidades como o escultor Silverio Rivas ou o pintor Xavier Magalhaes.

ÚLTIMAS

O Marisquiño cambia o percorrido do seu descenso urbano, que acabará no Centro Comercial A Laxe

O festival da cultura urbana O Marisquiño anunciou este xoves un cambio de percorrido...

Cortado un carril da A-55 tras o incendio nun camión portavehículos en Tui

Axentes da Garda Civil de Tráfico procederon a cortar o carril dereito da A-55 en...

O Tribunal Supremo non admite o recurso do Concello de Vigo polo cobro de 1,1 millóns por parte da Xunta

O Tribunal Supremo ditou un auto no que inadmite o recurso de casación presentado...

Sanitarios de Vigo piden “tolerancia cero” contra a violencia no PAC ao ser “punto negro” de ataques

Profesionais sanitarios da área de Vigo volveron a concentrarse este xoves para esixir "tolerancia...