InicioEconomíaVarios supermercados de Vigo, obrigados a pechar pola folga do sector do...

Varios supermercados de Vigo, obrigados a pechar pola folga do sector do comercio de alimentación

PUBLICADO O

- Advertisement -

A folga no sector do comercio de alimentación da provincia de Pontevedra obrigou a pechar a varios supermercados de Vigo, segundo informaron fontes da Confederación Intersindical Galega (CIG) a Europa Press. Convocada en solitario pola CIG, centenares de manifestantes percorreron as rúas da cidade, protestando diante de varios establecementos para solicitar un “convenio digno”.

Con berros de ‘Por un convenio digno, por un salario xusto’ ou ‘Non nos mires, únete‘, os traballadores en folga concentráronse en diferentes puntos da urbe ante a “parálise” da negociación do convenio polas “insuficientes” propostas da patronal.

En concreto, a oferta económica dos empresarios suporía un aumento salarial do 2% en 2023 e do 1% en cada un do tres anos seguintes, o que supón un 5% na totalidade de vixencia do convenio. Estas cifras son unha auténtica burla para o sector, xa que o IPC de ano anterior, 2022, terminou nun 5,7%. Ademais, néganse a reducir a xornada semanal”, denunciaron desde a CIG.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...