InicioPolíticaO PP asume a alcaldía da Guarda, en mans socialistas desde 2007,...

O PP asume a alcaldía da Guarda, en mans socialistas desde 2007, ao non sumar votos suficientes a esquerda

PUBLICADO O

- Advertisement -

O candidato do PP, o avogado Roberto Álvarez Carrero, foi investido este sábado alcalde da Guarda, como cabeza da lista máis votada, ao non ser posible un acordo de maioría absoluta pola esquerda.

Así, na sesión plenaria extraordinaria, cada un dos grupos votou ao seu candidato, de maneira que a lista máis votada nas municipais, o PP con 9 concelleiros (de 17 posibles), alzouse coa alcaldía.

Nos pasados comicios do 28 de maio, o PP quedou a un edil da maioría absoluta, ao pasar de 6 a 8 concelleiros; mentres que o BNG mantivo 5 e o PSOE baixou de 5 a 3. Así mesmo, Celso Rodríguez Fariñas, candidato por Espazo Común (aínda que veterano na corporación con distintos partidos), obtivo unha acta.

Neste escenario, unha investidura dun alcalde ou alcaldesa de esquerdas pasaba polo que fixese Espazo Común, pero o BNG xa adiantou que non chegaría nunca a ningún acordo con Rodríguez Fariñas, un “individuo afeito ás canalladas” e que “non ten credibilidade para negociar”.

Por iso, o resultado do pleno do sábado foi o esperado: gobernará, en minoría, a lista máis votada, a do PP, que recupera a alcaldía da Guarda, en mans socialistas desde 2007.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...