InicioSociedadeO xulgado obriga a indemnizar con 24.000 euros a unha empresa de...

O xulgado obriga a indemnizar con 24.000 euros a unha empresa de son polo accidente do Marisquiño

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Vigo estimou un recurso presentado por unha empresa de equipos de sons e ordenou ao Porto indemnizala en case 24.000 euros polos danos e prexuízos que sufriu derivados do accidente ocorrido no festival O Marisquiño en 2018, cando parte dun paseo esborrallouse durante un concerto causando decenas de feridos.

Segundo a resolución, a empresa achegara diferentes equipos para a celebración desta actividade no marco do festival e, debido ao accidente, a zona foi precintada por motivos de seguridade. Aínda que o xulgado autorizou dous días despois a que a empresa puidese acceder á zona sinistrada para recuperar os seus aparellos, o certo é que estes non puideron estar dispoñibles para outros eventos.

A empresa tivo que alugar outros equipos para seguir traballando, e son eses gastos os que reclamou ao Porto de Vigo. A Autoridade Portuaria rexeitou a súa solicitude e agora o xulgado estimou o recurso e deu a razón á empresa.

Na súa resolución, o xuíz sinala que o espazo onde ocorreu o accidente é de titularidade do Porto, aínda que o Concello debía encargarse do seu mantemento. Respecto diso, apunta que cando se fala de xestión conxunta entre varias administracións estas deben responder fronte aos particulares, “en todo caso, de forma solidaria”.

É por iso que establece que o Porto non pode subtraerse a esa responsabilidade e debe indemnizar á prexudicada, sen prexuízo de que, en virtude desa responsabilidade solidaria, podo logo reclamar o reembolso de todo ou de parte do pago á outra administración implicada, neste caso, o Concello de Vigo.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...