InicioEconomíaMáis de 85 millóns de euros atraídos, 177 empregos e 727 proxectos:...

Máis de 85 millóns de euros atraídos, 177 empregos e 727 proxectos: balance de 15 anos do centro Gradiant

PUBLICADO O

- Advertisement -

O centro tecnolóxico Gradiant cumpriu 15 anos, atraendo neste tempo máis de 85 millóns de euros, e lsumar 177 empregados, e participación en 727 proxectos, segundo o balance realizado en rolda de prensa polo seu director, Luís Pérez Freire, e o seu xerente, Fernando Jiménez.

Dos 85 millóns de euros mobilizados, case 11 correspóndense con programas europeos de innovación, outros 12,7 millóns procederon doutras entidades galegos e máis de 27 millóns de euros foron captados directamente de empresas.

Desde os seus comezos, este centro tecnolóxico logrou ingresar máis de 75 millóns de euros, dos que o 10 % procederon de licenzas de tecnoloxía desenvolvidas para empresas. Así, Luís Pérez Freire destacou que Gradiant converteuse nunha “entidade de referencia no I+D+i”, e está entre os centros TIC máis importantes de España”, cun resultado de de 8,6 millóns de euros de ingresos o pasado ano 2022 (un 45 % máis que no exercicio anterior).

Nestes 15 anos, Gradiant formou a máis de 300 profesionais, e actualmente conta cun persoal consolidado de 177 persoas. Ao longo da súa traxectoria, máis de 400 clientes confiaron “” neste centro tecnolóxico, que participou en 727 proxectos orientados á industria (un 13 % de ámbito internacional).

ÚLTIMAS

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...

Vigo convértese en epicentro da oncoloxía de precisión con máis de 40 expertos de toda España

A cidade de Vigo acollerá este mes o VIII Simposio Nacional de Oncoloxía de...

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...