InicioEconomíaVarios centenares de persoas maniféstanse en Vigo para demandar un aumento salarial...

Varios centenares de persoas maniféstanse en Vigo para demandar un aumento salarial no sector da alimentación

Se non hai acordo irán aa folga o 23 de xuño

PUBLICADO O

- Advertisement -

Varios centenares de persoas –unhas 300-400, segundo a organización– manifestáronse este domingo polas rúas de Vigo convocados polo sindicato CIG para demandar un incremento salarial no sector da alimentación da provincia de Pontevedra

Tras manter sete reunións coa patronal, os traballadores denuncian o seu “inmobilismo” para abordar a subida salarial nas negociacións do convenio. O martes volverán sentar a negociar e, de non haber acordo, a secretaria nacional de CIG-Servizos, Transi Fernández, xa avanzou que irán á folga o vindeiro venres 23 de xuño, previa da festividade de San Juan e día dunha elevada cantidade de vendas no sector.

Segundo detallou Transi Fernández a Europa Press, entre as demandas dos traballadores do sector estarían varios pluses, así como a redución de xornada laboral de 40 a 35 horas semanais e un incremento salarial do 7%, xa que a media dos salarios rolda os 1.090 euros ao mes. “Entendemos que este sector se merece algo máis que o que ofrecen, que é nada”, lamentou Fernández.

Ademais, a representante sindical sinalou que na provincia de Lugo a patronal si ofreceu un incremento salarial. Neste caso, a proposta dos empresarios é dun aumento do 4%. Unha cantidade que consideran insuficiente, polo que irán á folga na provincia de Lugo tamén o próximo 23 de xuño.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...