InicioSociedadeAumentar as titulacións da UNED en Vigo, a última petición de Abel...

Aumentar as titulacións da UNED en Vigo, a última petición de Abel Caballero

Así o sinalou o rexedor durante a presentación dos cursos de verán da UNED na súa aula olívica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avogou este martes por seguir aumentando titulacións na sede viguesa da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED): “O que temos non nos chega”.

Así o sinalou o rexedor durante a presentación dos cursos de verán da UNED na súa aula olívica, que nesta ocasión contará con dúas propostas. A primeira delas, titulada ‘Mulleres: Arte e Cultura na Idade Media e a Idade Moderna’. A segunda, ‘Redes sociais, tecnoloxías e metodoloxías emerxentes no ensino e aprendizaxe de linguas’.

Caballero puxo en valor a “crónica dun éxito anunciado” que foi a UNED en Vigo, que conta na actualidade con preto de 1.500 alumnos de grao e case 5.000 de cursos de extensión. A pesar diso, insistiu na necesidade de seguir sumando titulacións e docencia, algo que xa se planificou antes da pandemia pero que o coronavirus freou esta expansión. “Agora hai que retomalo no próximos catro anos”, subliñou.

Na presentación tamén estivo a presidenta en funcións da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, quen puxo en valor o financiamento da UNED por parte da administración provincial para expandir o coñecemento.

Preguntados sobre se agora, co cambio de goberno na Deputación, manteranse estas subvencións, Caballero lembrou que o convenio xa está asinado, polo que é de “obrigado cumprimento” nos próximos anos. “Deus libre ao Partido Popular e á Deputación de tentar castigar a esta cidade. Non saben o que lles vén enriba como o tenten”, sentenciou.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...