InicioSociedadeO comité de Vitrasa confirma que continuará con paros parciais para reclamar...

O comité de Vitrasa confirma que continuará con paros parciais para reclamar melloras nas condicións laborais

Serán os días 6, 8, 9, 12, 16, 19 e 21 de xuño cando traballadores da compañía pararán entre as 07,00 e as 08,30 horas e as 13,30 e 15,00 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de Vitrasa, concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo, confirmou que continuará levando a cabo paros parciais para negociar un novo convenio que recolla melloras nas condicións laborais, xa que o anterior documento caducou a finais de 2020.

Nun comunicado, a Confederación Intersindical Galega (CIG), que preside o comité, explicou que serán os días 6, 8, 9, 12, 16, 19 e 21 de xuño cando traballadores da compañía pararán entre as 07,00 e as 08,30 horas e as 13,30 e 15,00 horas.

Precisamente desde a sección sindical da CIG en Vitrasa quixeron saír ao paso tras as críticas vertidas pola empresa, que acusaba o persoal de facer coincidir os paros coas franxas horarias nas que se concentran gran parte dos desprazamentos.

“A dirección ten que entender que loxicamente o obxectivo de calquera folga é dar a maior visibilidade posible a un conflito, pero parece que queren que convoquemos os paros nas horas de descanso“, ironizou o sindicato.

Con todo, quixeron deixar claro que a “única responsable” de que se produzan estes paros é a empresa, “pola súa negativa a negociar calquera punto do convenio ata que non teña asegurado un reequilibro por uns viaxeiros que realmente non transportou”.

ÚLTIMAS

Vigo apaga os 12 millóns de LED do seu Nadal máis internacional cunha mensaxe de paz

A cidade de Vigo puxo fin este domingo, 11 de xaneiro, ao seu Nadal...

A Audiencia de Vigo xulga unha administrativa por subtraer 100.000 euros dunha empresa de formigóns

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle este...

A Audiencia de Vigo xulga dúas estafas por falsos alugueiros e reformas domésticas

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle esta...

Piden penas de ata 6 anos de cárcere por unha apropiación indebida de 136.000 euros nunha empresa do Porriño

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá este martes o xuízo contra...