InicioSucesosDeteñen en Vigo a unha parella por unha discusión que rematou en...

Deteñen en Vigo a unha parella por unha discusión que rematou en senllas agresións

Outro home foi detido por intentar agredir a un axente da Policía Local de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, J.G.B., de 45 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir supostamente á súa parella, que tamén foi arrestada por golpear ao home cunha botella na cabeza.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do domingo, cando o 092 recibiu unha chamada dunha testemuña que aseguraba que estaba a escoitar berros e saloucos procedentes dun piso na rúa Fermín Penzol.

Unha dotación policial trasladouse ao lugar e atopouse no portal cunha muller esperando aos axentes. A muller explicoulles que tivera unha forte discusión coa súa parella e que el a agarrou fortemente dos brazos, tiroulle do pelo e que lle rompeu o teléfono móbil lanzándoo ao chan. Así mesmo, recoñeceu que “para defenderse” propináralle un botellazo na cabeza, antes de escaparse do domicilio.

Os policías tamén se entrevistaron co home, que recoñeceu a discusión e que relatou que a muller o agredira, aínda que non quería denunciala. Por estes feitos, os funcionarios procederon á detención do home, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, e tamén da muller, por un suposto delito de violencia doméstica.

INTENTO DE AGRESIÓN A UN POLICÍA

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, F.E.R., de 26 anos de idade, como presunto autor dun delito de atentado tras tentar agredir a un funcionario e resistirse a ser identificado.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do pasado sábado, cando unha patrulla que se atopaba na zona de Rolda Don Bosco observou a un grupo de tres novos. Ao decatarse da presenza dos axentes, un dos mozos ocultou rapidamente algo no seu peto (resultou ser unha bolsa con cocaína).

Os policías dirixíronse a eles, pero estes negáronse a identificarse e mostraron unha actitude desafiante, tentando mesmo abandonar o lugar. Un deles tentou propinar unha puñada a un dos policías, que logrou esquivar o ataque. Neses momentos foi inmobilizado e detido por un presunto delito de atentado contra axentes da autoridade e por desobediencia e resistencia.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...